Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os labregos da comarca volven á orixe

RR_Noticias

A Rede Galega de Sementes celebra en Redondela o I Encontro cunha xornada de actividades na que se celebrarán obradoiros, haberá mercado de produtos ecolóxicos, degustacións, charlas informativas, e tamén monicreques e música. Será o sábado día 2 de outubro no recinto da Feira do Gando.

Conservar e intercambiar sementes autóctonas é o obxectivo polo que nace a Rede Galega de Sementes. Son un colectivo de labregos da comarca preocupados pola perda de variedades de sementes autóctonas que se organizan para dalas a coñecer e facer posible que outros labregos poidan acceder a elas. Moitas destas sementes “caeron en desuso” nos últimos anos pola presenza masiva de inzo procedente da industria, que comercializa produtos foráneos e híbridos. Co gallo de difundir a importancia de volver ás orixes e botar semente propia, este sábado organizan en Redondela o I Encontro de Sementes. A xornada, que se vai celebrar no recinto da Feira do Gando, “centrarase no intercambio de sementes”, aínda que o encontro contempla outras actividades paralelas, como nos explica Xacobe Ojea, un dos organizadores. Ás 10.30 horas abrirase a feira cun mercado de produtos ecolóxicos e demostración de traballos artesanais. Ás 12.00 haberá unha función de monicreques, e despois un obradoiro de extracción e e conservación de sementes. Ás 14.00 horas convidarán ós asistentes a unha degustación de produtos da horta, para comezar despois co xantar popular, no que animan ós asistentes a levar a súa propia comida e compartila cos demais, para recuperar tamén “a convivencia e o intercambio coa comunidade”. Despois do xantar, ás 16.30 horas, comezarán as charlas informativas: “Creación de antibiótico natural”, “O uso da auga mariña no agro” e “As interaccións do ferro no solo de cultivo”. A xornada rematará cun concerto, ás 19.30 horas cun grupo de música tradicional e ás 20.30 Os Tremendos Permacultores do Norte. Ao longo de toda a xornada haberá unha exposición con variedades antigas e locais cultivadas en Galicia e unha mesa para o intercambio de sementes. Tamén haberá obradoiros e actividades para os nenos ó longo de toda a xornada.  

Xacobe Ojea organizador
A comercialización de semente industrial fixo que se perderan variedades autóctonas.
I Encontro de Sementes
Ademais do intercamio de sementes haberá degustacións charlas música e monicreques.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará