Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR cae en Zamora e o Chapela consigue unha sufrida vitoria ante o Paraxe

RR_Noticias

Desigual resultado polo tanto para os equipos locais que militan en Primeira nacional e que fai que se distancien na táboa. Así os de Redondela sitúanse nos postos baixos da categoría mentres o Chapela consigue a cuarta praza

A Sar non logrou esta fin de semana remontar o mal inicio de tempada e esvarou novamente na súa visita a Zamora. Os de Redondela mostraron no primeiro tempo un bo xogo a pesar de que marcharon ao descanso cunha desvantaxe de tres goles. Con todo, sería na segunda parte onde se sentenciaría o partido para chegar ao remate cun resultado de 34-27 no marcador.
O próximo partido da Sar será na casa, no pavillón onde a Peguform recibirá ao Magote, un encontro que os de Redondela afrontarán dende unha posición moi negativa xa que son terceiros pola cola e vanse enfrontar cun dos equipos que ocupa os postos centrais da táboa
Paraxe C.
Mellor sorte correu o equipo de Chapela quen conseguiu unha nova vitoria, aínda que sufrindo máis do esperado. O Paraxe Construcciones tivo que empregarse a fondo para derrotar a un Base Oviedo que chegaba a Chapela sen coñecer a vitoria pero que en moitas fases do partido chegou complicar a vida aos locais, sobre todo nos primeiros trinta minutos onde os de Fran Teixeira cometeron os erros máis habituais. Remontaron e melloraron o xogo conforme avanzaba o encontro ata chegar ao final con vitoria para os locais por 34 goles a 25.
Os de Chapela teñen a vindeira fin de semana unha cita a priori doada, xa que se enfrontarán co penúltimo da categoría, o Cisne.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará