Os nacionalistas pregúntanlle a Fomento sobre as repercusión que o proxecto de ampliación da autoestrada AP-9 podería ter sobre os piares e a infraestrutura da ponte
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentaria para preguntar ao Ministerio de Fomento a causa dos desprendementos de formigón que se teñen producido nun dos piares da Ponte de de Rande. A deputada nacionalista solicita unha explicación sobre o programa de mantemento así como as revisións realizadas na infraestrutura que entrara en servizo no ano 1981 e que soporta o paso de 60.000 vehículos ao día.
O BNG reclama tamén información sobre o proxecto de ampliación da autoestrada e o impacto que esta obra tería na súa estrutura e aproveita para insistir na postura da súa formación política quen considera “que se deberían axilizar alternativas libres de peaxe como a A-57 e a A-59, en lugar de priorizar unha alternativa de pago como a elexida polo departamento de Fomento”.