O xerente da Fundación Illa de San Simón, Xavier Alonso destaca o espírito do programa Espazos Sonoros que pretende achegar músicas diferentes a lugares singulares de toda Galicia
O ciclo de música Espazos Sonoros achega esta sábado a San Simón a música da cantante portuguesa Dona Rosa. Os fados e as cancións tradicionais do seu país integran o seu repertorio acompañada en directo pola música do triángulo, o acordeón, a guitarra portuguesa e as percusións. Posuidora dun timbre peculiar e unha voz aguda Dona Rosa vense sumar á lista das grandes mulleres da canción de Portugal: Cristina Branco, Misia, Mariza, Dulce Pontes ou natalia Doa Anjos entre outras. Un concerto ao que seguirán na fin de semana do 23 e 24 de outubro as actuación do grupo alemán Ensemble Oni Wytars e a música do Renacemento de La Cecchina, agrupación que chegará acompañada da voz da soprano española Ana Amaz. A Banda de Josephine Foster e Víctor Herrero, cunha homenaxe ás cancións antigas españolas recompiladas por Federico García Lorca e La Argentinita será a encargada de poñer o punto e final ao ciclo en San Simóns. As persoas interesadas en acudir a algunha das actuacións deberán abonar 10 euros para o transporte en barco ate a Illa a través do servizo de compra on-line Servinova. Haberá dúas saída cada tarde en que se realice o concerto, a primeira as 17:45 e a segunda ás 18:30 hroas. Podne informarse tamén na oficina de turismo de Redondela.