Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A presenza do internacional búlgaro Vladkov non bastou para darlle a vitoria a Sar

RR_Noticias

Dispar resultados para os equipos de balonmán locais que militan en primeira nacional. O Paraxe Chapela continúa imparable cunha vitoria na casa do Cisne mentres a Sar se sitúa no penúltimo posto da táboa logo de caer ante o Magope

O Magope acadou un cómodo triunfo na súa visita a Redondela nun partido disputado o sábado na bomboneira. Bo encontro dos vigueses que conseguiron gañar o partido que rematou cun marcador de 25 goles a 30 a favor dos visitantes.
A Peguform Sar contaba co reforzo do xogador búlgaro Miroslav Vladkov de 27 anos de idade, pero a presenza do internacional, que logo de militar en varios equipos búlgaros e gregos chega a Redondela, non foi suficiente para acadar a vitoria que tanto necesitan os locais. De feito a Sar atópase no penúltimo posto da táboa en primeira nacional, con tan só un punto no seu haber.
Na vindeira xornada enfrontaranse a outro equipo necesitado de vitorias, o Cinco Jotas.
O Paraxe imparable
O Chapela pola contra volveu demostrar que se atopa nun bo momento e acadou a súa primeira vitoria a domicilio a costa do colista, O Cisne.
O paraxe Construcción fixo valer o seu papel de favorito para sumar a súa primeira vitoria en casa dun rival. Con todo, e a pesar de tratarse dun encontro contra o último clasificado, os de Chapela tiveron que votar man de todos os seus recursos nun partido que rematou co resutaldo de 20-30.
O equipo continúa terceiro na categoría e ten na vindeira cita un encontro difícil. Xogará en chapela pero deberá enfrontarse cun rival directo, o Atlético Novas, empatado a puntos co Paraxe e cuarto da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará