Dous camiños en dúas parroquias diferentes, pero con practicamente o mesmo problema. En Cedeira o Camiño das Grilas e en Chapela o Camiño da Correola. En ambos os dous casos queixas semellantes: presenza de maleza no vial, carencia de asfaltado e unha vías que se converten en auténticas lameiras cando chove.
En Cedeira os usuarios do Camiño das Grilas aseguran que xa se reuniron co Concelleiro de Vías e Obras, Manuel Iglesias para demandarlle o arranxo do camiño de cen metros de lonxitude e que da acceso a seis vivendas no barrio de Aldea. Engaden que a pesares do compromiso do edil, logo de cinco meses de espera non se produciu ningunha obra de mellora.
Ademais de carecer de asfaltado denuncian que non hai canalización que recolla as augas pluviais polo que nos días de choiva a vía convértese nun auténtico lamazal.
Queixas semellantes teñen os usuarios do Camiño da correola en Chapela, aínda que neste caso a súa situación pinta peor, xa que a pesar de que durante anos usaron este carreiro para acceder as súas vivenda, dende o coenllo aseguran que o camiño oficialmente non existe.
Ante a imposibilidade de obter unha resposta positiva ás súas demandas pro parte da administración local, unha das afectadas decidiu trasladar unha carta ao Valedor do Pobo, demandándolle o seu apoio.