Na biblioteca de Chapela desenvolverase hoxe e mañá en horario de 17:00 a 19:00 horas un obradoiro de pintado de azulexos impartido pola ceramista Pilar Rubio. Pola súa banda a ilustradora María irimia será a encargada de conducir o venres o obradoiro de manga no Multiusos.
A ilustradora Marisa Irimia será a encargada de impartir o venres 22 un obradoiro de debuxo manga orientado a mozos e mozas de entre 11 e 15 anos de idade. Nunha única sesión os asistentes aprenderán conceptos básicos sobre o debuxo xaponés e coñecerán o proceso de creación de personaxes. As prazas son limitadas polo que dende a biblioteca municipal fan un chamamento para que os interesados se inscriban na sede da biblioteca. Pintado de azulexos con Pilar Rubio Por outra banda, na biblioteca de Chapela e durante dous días vaise desenvolver un obradoiro de pintura de azulexos que será impartido pola ceramista Pilar Rubio Peixoto. Con esta actividade a biblioteca do Piñeiral festexa o Ano Xacobeo 2010. De feito, o obradoiro forma parte dunha pequena exposición de libros e material da biblioteca sobre Santiago de Compostela e sobre o Camiño, organizada conxuntamente co C.E.I.P. Laredo de Chapela. Haberá tamén un obradoiro de traballos manuais de Gladys Núñez O taller de pintado de azulexos será durante dous días, hoxe luns 18 e mañá martes día 19 de 17:00 a 19:00 h..