O presidente do PPdG e máximo responsable da Xunta participará mañá sábado no acto oficial de presentación de Javier Bas como candidato á alcaldía de Redondela nas elección de maio do 2001. A cita será ás 17:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
O actual director de Caixa Galicia estará arroupado pola cúpula do seu partido en Galicia. De feito, ademais da presenza do presidente da Xunta está confirmada a asistencia do presidente da Deputación, Rafael Louzán e do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández.
Javier Bas contará tamén co apoio da xestora do partido onde están presentes entre outros o voceiro do PP, Alberto Pazos e Arturo González. Coa presentación oficial o PP local pecha un proceso de renovación que se abrira a finais do pasado ano coa dimisión da que fora nos últimos tempo a súa presidenta, Francisca canal.