Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entradas gratuitas para Josephine Foster & Víctor Herrero Band en San Simón

RR_Noticias

A cantante americana e o músico español ofrecerán o sábado ás 19:00 horas en San Simón as cancións antigas españolas inspirados nas cancións de Lorca e La Argentinita As entradas pódense retirar en Servinova.es ao prezo de 10 euros, ou completamente de balde chamando ao teléfono de Radio Redondela 986 408139

Inspirados polas cancións de Lorca e La Argentinita, gravadas en 1931, a cantante americana Josephine Foster e o músico español Víctor Herrero veñen de arranxar esta poética colección para a súa nova banda acústica, formada nos tempos en que os dous vivían na serra de Granada. “Anda jaleo” é a gravación en directo da súa versión das Canciones populares españolas recompiladas e harmonizadas por Federico García Lorca; unha celebración da canción popular anónima e unha homenaxe á súa persistencia que se poderá escoltar este sábado 30 de outubro na Illa de San Simón E unha vez máis para promover esta actividades dende Radio Redondela en colaboración coa Fundación Illa de San Simón agasallamos aos nosos oíntes con entradas para asistir a este concerto completamente de balde. Os oíntes que nos chamen ao teléfono 986 408139 poderán facerse cos billetes no barco que na tarde do sábado os trasladarán a San Simón para gozar do concerto.

Javier Alonso Xerente da Fundación
Unha formación hispano-americana para pechar o ciclo de Espazos Sonoros en San Simón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará