A sanidade e o servizo de autobuses nocturno foron os dous temas que centraron a maior parte da sesión que se celebrou onte en Redondela. Finalmente, os votos a favor de PSOE e BNG permitiron sacar adiante dúas mocións encamiñadas a reclamar ao goberno galegos melloras na atención médica e o mantemento das liñas do Noitebús
Os nacionalistas a través dunha moción, reclamaban oo resto dos grupos o seu apoio para esixir da xunta un maior investimento na sanidade pública para garantir o servizo e a mellora da atención aos pacientes. Aseguraban na súa exposición de motivos que as listas de espera están a incrementarse tanto na atención primaria como nas citas para o especialista, que nalgúns casos “se demoran ata tres anos” segundo explicou o edil Carlos Pazos. Dende o PSOE o voceiro Emilio González Iglesias centraba a súa intervención nas repercusións que estes recortes están a ter nos centros de saúde do concello. En concreto lembraba que no verán non se cubriron as vacacións dos médicos no Centro de saúde de Chapela o que provocou longos atrasos importantes na atención. Fixo fincapé tamén no incumprimento do Goberno galego por non asumir os gastos de dito centro cando a pesar do acordo coa Fegamp que así o establecía. O PP argumentou o seu voto en contra da moción alegando que a situación económica obriga a algúns recortes “o cal non vai impdir que se faga un hospital en Vigo”. Criticou que o goberno local falase agora da necesidade de introducir melloras cando “en época de vacas gordas rexeitaron demandarlle ao bipartito un pediatra para o concello” Noitebús Aprobouse tamén demandar que a Xunta manteñas as liñas do Noitebus que funcionan na actualidade. A proposta chega logo de que o goberno galego anunciase a súa intención de suprimir este servizo cuxa posta en marcha na anterior lexislatura estaba encamiñado a mellorar a seguridade vial e reducir a siniestralidade. En Redondela os autobuses nocturnos funcionan os venres, sábados e vésperas de festivo e comunican Redondela co centro de Vigo e coas parroquias. Dende o PP entenden que se produza unha “reestruturación do servizo” tendo en conta por unha banda que a nosa comunidade é a que ten un maior número de liñas de todo o estado, cun total de 194 e pro outra que en moitos casos os autobuses van practicamente baleiros O PSOE lembraba que o elevado número de liñas responde á demografía da comunidade e acusou aos populares de falta de sensibilidade cara un servizo que serve para salvar vidas. No mesmo sentido se manifestaban os promotores da moción. O BNG acusaba aos populares de contradicirse xa que “mentres estaban na oposición esixían non so o mantemento do servizo senón incluso o incremento no número de liñas e, o que antes era esixible pasa agora a ser prescindible” Ambas as dúas cuestións saíron adiante cos votos a favor do goberno local e o voto en contra do PP.