Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca da Iguana inaugura o ciclo “Cinema ás 7… o noso cine nas tardes de domingo”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acollerá durante tres domingos consecutivos a proxección de tres longametraxes na nosa lingua: A biblioteca da Iguana, O partido e Entre bateas. Un novo ciclo co que a Concellería de Normalización promove a exhibición de creacións audiovisuais en galego

Nesta ocasión a programación, reunida baixo o título: “CINEMA ÁS 7… o noso cine nas tardes de domingo”, está composta por longametraxes dirixidas a maiores de 16 anos, que se proxectarán durante 3 domingos consecutivos do mes de novembro á mesma hora, ás 7 da tarde, no Auditorio da Xunqueira.
A primeira das películas será A biblioteca da iguana, unha longametraxe de suspense baixo a dirección de Antón Dobao. O argumento xira en torno a un profesor universitario, Andrés, especializado en lingüística quen descobre por casualidade unha grave anomalía nunha novela, o que comeza como un texto serio e harmonioso convértese nun disparatado relato do oeste, mais mantendo os nomes dos personaxes e os contextos. Atopamos entre os seus intérpretes a Evaristo Calvo e Mónica Camaño entre outros.
O domingo 14 proxectase o título O partido, unha comedia con  Carlos Blanco, Morris e Manquiña que nos traslada a unha fábrica do sector da metalúrxica en problemas que é mercada por unha firma internacional americana.
Para rematar o ciclo a Concellería elixiu a película de Jorge Coira Entre bateas, un drama que analiza o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras e ASerxio, un antigo amigo seu que opta pro pasarse ao tráfico de drogas.
Esta iniciativa, promovida dende o Servizo de Normalización Lingüística, renova por terceira vez neste ano o compromiso coas creacións audiovisuais galegas, que se iniciaron cos ciclos de cinema de mulleres (en marzo e abril) e ciclos de curtas para alumnado de secundaria (en abril), ás que asistiron máis de 600 persoas.
Finalmente, e para completar a programación con oferta para os máis cativos, o sábado 4 de decembro desenvolverase unha única sesión de cinema infantil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará