Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto, serán e rivalidade de solteiros contra casados no Chan das Pipas

RR_Noticias

O Centrou cultural da parroquia de Saxamonde celebra este sábado unha tarde-noite de confraternidade veciñal onde non faltará o deporte, cun partido onde solteiros e casados medirá as súas forzas, un magosto e serán popular e o sorteo dunha cesta con produtos de tempada

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza o próximo sábado 27 de novembro unha xornada de fútbol, magosto e serán. A partir das 16:00 horas, no campo de fútbol do Chan das Pipas, Saxamonde retoma unha vella tradición, un partido de solteiros e casados. Nesta ocasión os equipos poderán ser mixtos. Ao final do evento, faranse entregas de medallas e unha suculenta merenda.
A continuación, preto das 19:00 comeza o magosto co reparto de castañas recollidas en Seone do Courel polos alumnos do CEIP Uxío Novoneyra e as actuacións do grupo de gaitas Asubíos de Cedeira e as Pandereteiras Anaquiños de Chapela. Á noite, celebrarase un serán popular ao que están convidados todos os grupos con ganas de festa. Na media noite sortearase unha cesta con produtos de tempada e, a continuación, repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes.
Os actos contan coa colaboración do Concello de Redondela e a Comunidade de Montes de Saxamonde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará