Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A organización galega de comunidades de montes rexeita a A-59

RR_Noticias

O colectivo que aglutina ás comunidades de montes veciñais en man común de Galicia manifesta o seu apoio a postura das comunidades de montes de Redondela que rexeitan a construcción da autovía A-59 polas nefastas consecuencias que a obra tería nos montes comunais

O presidente do colectivo, Xosé Alfredo Pereira non valora a necesidade ou non da vía pero si denuncia as consecuencias que vai ter no monte veciñal coa destrucción das traídas de augas e de zonas postas en valor como as áreas de lecer ou rutas de sendeirismo. Engade ademais que non pode ser que a autovía se faga en contra da opinión dos lexítimos titulares das terras.
Lembramos que día tras as seis comunidades de montes polas que presumiblemente vai pasar esta vía,  as comunidades de O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Saxamonde e vilar manifestaran o seu rexeitamento ao trazado contemplado pro Fomento e apoiado dende o concello de Redondela.
Denuncian dende a asociación galega que co proxecto da A-59 volvese “amosar o concepto que teñen as diversas administración  sobre o monte veciñal, un concepto baseado en que “os montes veciñais en man común son terras sen valor, baratas e nas que se pode ubicar calquera tipo de instalación para favorecer os intereses económicos, urbanísticos e especulativos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará