Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia no Congreso os “abusos laborais” que padecen os traballadores do AVE no Maceiras

RR_Noticias

A deputada Olaia Fernández Davila presentou unha iniciativa parlamentar na que pregunta polo aumento dos abusos laborais na execución de obra pública tanto na realización das obras do AVE na nosa contorna así como noutras actuación nos aeroportos de Santiago e A Coruña.

Sobre a situación dos operarios que traballan nas obras do AVE no Val do Maceiras suliña a deputada nacionalista que a Inspeción de Traballo de Pontevedra puxo en evidencia as inhumanas condicións laborais dos traballadores de subcontratas que participan nas obras do túnel”. No informe, relata a deputada do BNG, fálase de 12 horas de traballo dentro dun túnel, tanto de día como de noite, con apenas unha parada de 60 minutos para xantar dentro do túnel, salarios en negro e sen distinguir entre horas normais e extra.
“A mesma inspectora propuxo sancións por infracións  moi graves pero “esa subcontrata continúa facendo obra pública do Goberno a pesar dos abusos laborais”.
A deputada do BNG afirma que “se xa resulta grave a situación laboral do sector da construción en xeral, peor aínda é que se contrate obra pública a empresas que cometen abusos laborais recorrentes e que manteñen aos seus traballadores en condicións infrahumanas”.
De aí que dirixa ao Ministerio de Fomento unha serie de preguntas: “É consciente o Goberno dos abusos laborais que cometen empresas subcontratadas na obra pública como a realización do AVE galego? Non debería o Ministerio vixiar o cumprimento da lei de seguridade e saúde laboral na execución de obra pública? Que medidas está a adoptar para evitar que os traballadores sufran condicións laborais tan degradantes?”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará