Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma advirte da posibilidade de que se use unha das variantes para enlazar a N-550 coa A-59

RR_Noticias

Acusan ao Concello de “mentir” cando afirmaban no último pleno de non ter información sobre cal podería ser o trazado do enlace norte coa futura autovía xa que aseguran que nun CD que obra en poder do goberno local “aparece un mapa coas posibles zonas de acollida da infraestrutura” sendo a máis probable un vial “dende o alto de Cesantes ata enlazar coa autovía no barrio de Vilar do Mato en Ventosela”

A Plataforma Cidadá de Redondela en Contra da Autovía ven xa advertindo dende hai tempo da posibilidade de que fomento aproveitara parte do trazado dunha das variantes para enlazar a N-550 coa autovía A-59.
Estas sospeitas foron confirmadas a través de dúas fontes, unha delas o propio concello, ó entregarlle á membros da plataforma un CD enviado dende Fomento que contiña información sobre o enlace da N-550 e a autovía A-59. Nesta documentación aparecería un mapa coas posibles zonas de acollida desta infraestructura, sendo á máis probable un vial que circularía dende o alto de Cesantes ata enlazar coa autovía no barrio de Vilar do Mato en Ventosela.
Segundo explican dende a Plataforma, este proxecto está en fase consultiva, o que significa que fomento envía aos concellos e empresas afectadas, así como a organizacións non gubernamentais e partidos políticos que así o soliciten, unha documentación para que aleguen sobre este proxecto.
Acusan ao concello de estar a desenvolver unha “manobra de ocultamento” por non facer pública a documentación da que dispoñen co obxectivo de que “a súa postura coa Autovía non volva supoñer un gravame nas próximas eleccións municipais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará