O equipo de Fran Teixeira sitúase no terceiro posto da categoría en Primeira Nacional, mentres a Peguform cae a posicións de descenso logo do partido disputado no pavillón de Chapela e que rematou co resultado de 26-21
O Paraxe Chapela non defraudou á súa afección e logrou a vitoria ante a Sar, equipo que con todo non deu en ningún momento o partido por perdido.
Pese ao marcador final, de 26 goles a 21 a favor dos de Chapela, o derbi estivo moi disputado. De feito, a Peguform SAR comezou cun moi bo pé o encontro cun parcial de 4-8 ao seu favor. Pero os de Chapela souberon reaccionar e a partir do minuto trinta do primeiro tempo demostraron por qué se atopan en postos de cabeza. Mesma evolución na segunda parte do encontro, onde os de Redondela reanudaron o encontro apertando o marcador á mínima expresión mentres que os de Chapela recuperábanse minutos despois para conseguir así asegurarse os dous puntos do encontro.
Unha nova vitoria para o Paraxe que sumada á derrota do Porriño no Campo do Cisne deixa aos de Fran Teixeira no terceiro posto da categoría e a tan so dous puntos do segundo clasificado. O paraxe Chapela xoga na vindeira xornada na casa do Cinco Jotas, sétimo na clasificación.
Pola súa banda, a SAR cae ata o penúltimo posto e recibe na bomboneira ao Cafés Toscaf, outro equipo necesitado a puntos, xa que está ambas as dúas formacións están empatadas a puntos, con tan só 5 no seu haber.