Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O II plan de Igualdade conclúe cun grao de execución dun 75%

RR_Noticias

A Concellería cualifica de “moi satisfactorios” o desenvolvemento do plan “tendo en conta os recursos humanos, materiais e orzamentario co que contou o departamento de Igualdade” e cifran en 61 as accións postas en marcha nos tres últimos anos

A través de cinco liñas de actuación específicas, este II plan de Igualdade centrouse nos cambios culturais e nas formas de pensar, calidade de vida, conciliación da vida familiar e laboral, autonomía das mulleres-emprego e violencia de xénero. Tam´ne puxo en marcha unha liña de actuación transversal coa incorporación da perspectiva de xénero na dinámica formal e orgánica da política municipal.
En total puxéronse en marcha 61 accións orientadas á conciliación da vida familiar e laboral coa organización de ludotecas en distintos momentos do ano e en todas as parroquias do Concello, accións formativas dirixidas ás mulleres con máis dificultades de inserción social e laboral, campañas de formación e sensibilización social e a creación dun servizo integral de atención ás vítimas da violencia machista.
A Concellería está pendente agora de “realizar unha nova diagnose da situación real da igualdade na sociedade redondelá, que sirva de punto de partida para a elaboración no próximo ano do que xa será o III Plan de Igualdade que funcionará entre os anos 2011 e 2013).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará