Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción no Concello de Redondela ao inaugurarse as obras do Proxecto Marisma

RR_Noticias

Políticos, empresarios e colectivos veciñais participaron onte na inauguración oficial das obras de recuperación ambiental da Marisma. O alcalde, Xaime Rei, manifestou a “gran satisfacción” que supón “para todos” a rehabilitación deste espazo natural, coa que se pon a disposición dos veciños un amplo lugar de esparexemento. Os traballos incluíron tamén a reforma do pavillón de deportes e a creación dun centro de formación. O proxecto, cun investimento superior ós 3 millóns de euros, contempla tamén a creación dunha rede wifi e a reordenación da mobilidade na zona, traballos que xa foron adxudicados e se porán en marcha “en próximas datas”.

Como un exemplo de “eficacia”, así definiu o alcalde de Redondela, Xaime Rei, a xestión do Concello de Redondela na posta en marcha do Proxecto Marisma. Este completo plan púxose en marcha a finais de 2008, e contou coa colaboración de distintas asociacións locais. As obras contemplaron a recuperación da canle natural do río Pexegueiro e o seu saneamento. Tamén se rehabilitaron as dotacións existentes na contorna, como o pavillón municipal, soterráronse as liñas de media tensión, construíronse o paseo peonil polo bordo do río Pexegueiro e a nova ponte sobre o Alvedosa, e ademais transformouse o antigo ximnasio nun centro de formación. O orzamento deste proxecto foi de 3 millóns de euros, financiado nun 70% polos fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e o 30% restante a cargo do propio Concello. Esta mañá o rexedor local, acompañado do delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, concelleiros, representantes das empresas adxudicatarias das obras e de asociacións veciñais e culturais, inaugurou as obras. Antes de facer un percorrido pola zona, Rei Barreiro manifestou a “satisfacción” que supoñía “para todos” este acto oficial, ao facerse realidade un gran proxecto, e que supuxo unha complicada e longa negociación. Amosou tamén o seu “orgullo” polo feito de que Redondela é o Concello que conta co plan máis avanzado dentro dos que inclúe o FEDER, mérito que atribúe tanto ás xestións políticas como ó traballo dos funcionarios municipais. Pola súa banda Antón Louro recoñeceu “o traballo ben feito” por parte do Concello, salientando a boa colaboración entre o goberno central e o municipal neste proxecto. O delegado do goberno lembrou tamén outros investimentos feitos con fondos estatais, como o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, que ascende a 3,2 millóns de euros. A primeira fase estará rematada nun prazo de “catro ou cinco meses”, segundo apuntou Xaime Rei.

Xaime Rei alcalde de Redondela
O rexedor salientou a satisfacción que supón a inauguración destas obras
Antón Louro delegado do goberno
Louro felicitou a Redondela polo proxecto froito da colaboración entre o goberno central e o local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará