Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco confía en recuperar xogadores para o partido co Nigrán

RR_Noticias

Teñen por diante moi poucos días de descanso co gallo do Nadal, porque os futbolistas do Choco volven á competición o próximo 2 de xaneiro. En plena resaca de Aninovo desprázanse para xogar co Nigrán, equipo co que están moi igualados. O obxectivo do adestrador para o próximo 2011 é mellorar resultados, e aspira a escalar ata a parte alta da táboa.

As baixas, a mala sorte, as decisións arbitrais,… un cúmulo de circunstancias están a facer que nesta temporada da Primeira Autonómica o Choco non estea a rexistrar os resultados esperados. Despois da derrota diante do Lalín os de Julio Álvarez sitúanse na 11ª posición da táboa, lonxe das posicións de cabeza que adoitan ocupar nos últimos anos. Con todo o técnico defende a calidade do cadro de xogadores, e afirma que ata o de agora, “ningún equipo demostrou ser superior ó Choco no terreo de xogo”. Con todo, as lesións, as decisións arbitrais ou “a mala sorte” fixeron este ano que o equipo non estea a colleitar os resultados que se agardan del. No último partido disputado en Santa Mariña Álvarez afirma que o Choco “mereceu máis”, e que o reparto de puntos co Lalín tería sido un resultado “máis xusto”. Pero ó adestrador non quere xustificar o fracaso nos erros arbitrais, as sancións ou as lesións, e agarda que despois desta semana de descanso o equipo recupere a forma. Álvarez agarda que co inicio do 2011 comece unha nova liña ascendente para o Choco, que pasa pola recuperación dalgúns xogadores que actualmente están de baixa por lesións. E a seguinte cita será cun dos seus rivais directos, o Nigrán, conxunto co que están moi igualados. Non terán moito tempo para o descanso porque o encontro disputarase o día 2 de xaneiro, en plena resaca das celebracións de Aninovo. Desde o Choco entenden que será o momento de reaccionar e “darlle a volta” a unha situación que non é a desexada polo club. Por iso os desexos para o próximo 2011 pasan por recuperar xogadores e tamén algo de “boa sorte”, para poder aspirar a posicións “máis altas” na táboa.

Julio Álvarez adestrador
O técnico confía en que os resultados melloren a partir do descanso de Nadal.
Nigrán-Choco
O próximo encontro disputarase o 2 de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará