A carpa instalada diante da Casa da Torre pola asociación de empresarios de Redondela recibirá hoxe e mañá a visita de papa Noel, quen esta tarde dende as cinco e ata as sete recollerá as cartas dos máis cativos quen poderán tamén gozar de diferentes actividades e xogos infantís.
Na xornada de mañá día 24, a carpa desenvolverá as mesmas actividades en horario de 11:30 a 13:30 e na vindeira semana contará coa actuación de Tanxarina, quen o luns porá en escena a obra de monicreques “Os narigudos” en dous pases ás doce do mediodía e as cinco da tarde. Unhas actividade que a asociación empresarios pon en marcha nestas datas orientadas a animar o centro comercial aberto e favorecer así que os clientes fagan as súas compras nos comercios da vila. Unhas xornadas nas que non faltará tampouco a animación de rúa. Na vindeira semana tamén comezará a funcionar, dende o 27 de decembro ata o 7 de xaneiro o servizo de ludoescola. Un servizo que persegue facilitar as compras en horario de mañá dando aos pais e nais unha alternativa gratuíta adquirindo as sáus entradas nos comercios asociados.