Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festas de Nadal “sen excesos” en Redondela

RR_Noticias

As celebracións de Nadal e Aninovo supoñen un bo bocado nos orzamentos familiares. Segundo a Federación de Usuarios e Consumidores cada galego gasta de media 639 euros nestas festas. No caso de Redondela os veciños recoñecen que son épocas de “moito gasto”, polo que hai que optar por menús “máis económicos”, evitar o marisco que sobe moito de prezo e recortar tamén nos agasallos. Nestes tempos de crise os veciños optan por celebra un Nadal “sen luxos”.

Días de festas, reunións familiares, ceas, agasallos e bos desexos, son o típico destas datas. Pero… canto nos custan estas celebracións? Segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores, cada galego gasta de media uns 639 euros nestas festas, entre Nadal, Aninovo e Reis. Somos, xunto cos estremeños, os que menos gastamos de España. Con todo, é unha elevada cantidade de cartos, e máis en tempos de crise. Eses gastos distribúense do seguinte xeito, segundo a enquisa: 211 euros en comida (somos os que máis gastamos de España), 193 € en agasallos, 135 € en lecer e 100 € máis en lotaría. En xeral, os veciños de Redondela, aseguran que non gastan tanto. Mucha, unha ama de casa, explicaba para aforrar algo estes días “hai que evitar o marisco”, e deixalo para outras datas nas que está máis barato. Outra veciña, Carmen, recoñecía que hai gastos nos que pode “recortar máis”, como nos agasallos. A maioría sinala que en anos como este, de crise, intentan “non pasarse” nos gastos. Os datos da federación de consumidores revelan que este ano espérase un retroceso do 7,4% sobre os 699 euros por persoa que se gastaron no 2009, que se suma ao descenso do 10,5% que se produciu o ano pasado respecto ao 2008, e ao 6% dun ano antes. É dicir , que cada ano gástase menos, e iso nótano tamén no comercio local. Rosana, que traballa nunha confeitaría do centro da vila, explica que a clientela agora fai encargos “máis económicos” para axustarse ó seu orzamento. E segundo a Federación de Consumidores, as familias están a abandonar o hábito de comer e cear sempre os mesmos produtos en Nadal, que usualmente soben de prezo ante o incremento da demanda. Para facer máis levadíos os gastos do Nadal, a Organización de Consumidores e Usuarios lanza unha serie de recomendacións. Saber de antemán que é o que se necesita é básico para evitar que ao chegar a casa atopémonos con compras innecesarias. Comparar é importante. Non todos os produtos están en oferta no mesmo establecemento nin teñen os mesmos prezos en todo momento.

Mucha veciña
Esta ama de casa opta por reducir gastos evitando produtos como o marisco que sobe moito de prezo.
Rosana pasteleira
No comercio local notan que coa crise os clientes gastan menos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará