Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres colectores queimados, balance da acción dos vándalos na madrugada

RR_Noticias

Colectores do lixo na rúa Cruceiro, na rúa Meixón Frío e nas inmediacións da Casa da cultural quedaron reducidos a cinza logo de que uns descoñecidos lles plantaran lume na madrugada. A Policía Local e o Grumir tiveron que actuar para sufocar as lapas.

Noite movida tanto para a policía local como para o servizo do Grumir que tiveron que actuar na extinción de varios lumes provocados en colectores do lixo de diferentes punto no centro da vila.
En total arderon practicamente na súa totalidade o colector de residuos orgánicos que se atopa nas inmediacións da Casa da Cultura así como os ubicados nunha das perpendiculares da rúa Meixón Frío. Tamén se viu afectado polo lume un colector da rúa Cruceiro e un monte de caixas e residuos procedentes dunha froitería do centro urbano.
Segundo explicaron fontes da Policía Local e o Grumir, a chamada de alerta procedente dun veciño producíase ao redor da unha da madrugada, sendo trasladados ao lugar do lume varios efectivos para traballar na extincións dos focos. Foi sobre as 2:30 cando se deron por sufocados os lumes.
Continúan as investigacións para tentar aclarar quen foi o autor ou autores dos lumes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará