Os de Redondela perderon no Condomínguez por 0-3 nun encontro no que foron expusados dous xogadores do Choco, Richi e Santi, e tamén o adestrador, Julio Álvarez. Tamén reclamaron os redondeláns un penalti que non viu o árbitro. A xornada de liga disputada na Primeira Autonómica saldouse cun empate do Chapela en Bouzas e a derrota do Arcade no campo do San Martín.
Preferente Autonómica SurNigrán 3-0 Choco
Nunha xornada pouco propicia para o fútbol, coa resaca da Noitevella e o Aninovo, o Nigrán volveu facer do campo de Condomínguez un verdadeiro fortín. Os de Julio Álvarez deixaron escapar unha boa oportunidade para despegarse da metade baixa da táboa. Non puido ser, unha vez máis os redondeláns fixeron méritos pero non os acompañou a sorte. Nin tampouco as decisións arbitrais. Acabaron o partido con nove xogadores, polas expulsións de Richi e Santi, e non lle pitaron un clarísimo penalti a favor. Os primeiros 45 minutos transcorreron case sen ocasións claras para ningún dos equipos. Pero as cousas serían ben diferentes despois do descanso. Os locais acentuaron o seu dominio e comezaron a acumular oportunidades claras de gol. Silva anotou o primeiro tanto do Nigrán no minuto 60 cun potente lanzamento. Os seguintes minutos xogáronse con moito nerviosismo por parte dos dos equipos, con ocasións do Choco para facer a igualada. Pero non foi posible, e xa no minuto 88 o capitán local, Jorge Fernández, anotou o 2-0 case desde o mediocampo. Os de Julio Álvarez non tiña xa tempo de reacción, o encontro estaba sentenciado, pero o Nigrán mesmo tivo tempo, por parte do propio Fernández, de anotar o 3-0 xa en tempo de desconto. A falta dunha xornada para que remate a primeira volta, o Choco cae ata a 13ª praza da táboa, moi lonxe dos postos altos que ocupaba nas últimas temporadas. A próxima xornada recibe ó R.Bahía, o sexto clasificado do grupo.
Primeira Autonómica
Rápido de Bouzas B 0-0 Chapela
O Chapela rematou a primeira volta asinando un empate sen goles co filial do Rápido de Bouzas. O resultado deixa aos de Luis Ferreira na 14ª praza do grupo. Na próxima xornada volven xogar fóra, será no campo do Tomiño, un dos equipos da parte alta da táboa (7º).
San Martín 1-0 Arcade
A cita do Arcade no campo do San Martín rematou con derrota dos de Soutomaior, que perderon pola mínima. Desde xeito os de Jacobo Montes non conseguen abandonar a parte baixa da táboa, son 15º, empatados a puntos co Chapela. Unha primeira volta que remata e que non foi positiva para o Arcade, que a próxima semana comeza a segunda volta como visitante, no campo do Salvaterra, un dos equipos máis fortes desta liga, é 3º.