Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortado o tráfico en Telmo Bernárdez a partir do luns

RR_Noticias

Durante, aproximadamente, quince días esta céntrica rúa de Redondela permanecerá pechada á circulación do tráfico por mor das obras de reparación dos sumidoiros de recollida de augas pluviais.

A partir deste luns, 17 de xaneiro, as obras de reparación dos sumidoiros manterán cortado o tráfico a rúa Telmo Bernárdez, que dá acceso á zona dos Eidos. Debido a este corte só se permitirá o acceso pola praza da Constitución aos residentes da zona para a entrada aos garaxes, mentres que en sentido contrario terán que facelo a través da rúa Cruceiro en dirección a Santa Mariña. Os residentes na zona dos Eidos poderán acceder aos seus domicilios pola Estrada de Pazos.
As obras, que se prolongarán durante medio mes, consistirán na reparación dos sumidoiros de pluviais afundidos a causa do paso de vehículos. Unhas reparacións que xa foron executadas en varias ocasións pero que, segundo sinalan os técnicos municipais, teñen que volver facerse porque “a xente retira as vallas e non deixa que fragüe o cemento e co paso dos coches volve afundirse”, polo que nesta ocasión optaron por pechar a rúa ao tráfico para solucionar definitivamente o problema mentres se desenvolvan os traballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará