Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera promove en FITUR os valores gastronómicos e naturais de Soutomaior

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera participa estes días na campaña de promoción da Festa da ostra que este ano celebra a súa XXV edición. Dende o expositor de Turismo Rías Baixas o concello da a coñecer tamén o resto dos valores turísticos do municipio como o Castelos ou o recursos paisaxísticos e naturais.

Co gallo da celebración en Madrid da Feira Internacional de Turismo (FITUR) presentouse no expositor que Turismo Rías Baixas, organismo dependente da Deputación instalado no recinto feiral de Madrid, a XXV edición da Festa da ostra. O acto de promoción pretende espallar entre os profesionais de turismo pero tamén entre o público en xeral os atractivos turísticos do concello de Soutomaior que pasan necesariamente polo seu interese gastronómico, cuxo buque insignia é sen ningunha dúbida a ostra de Arcade. Ademais do atractivo que a festa poida ofrecer ós afeccionados á gastronomía, o Concello presentou tamén outros valores turísticos como o Castelo de Soutomaior, rutas de sendeirismo e o miradoiro da Peneda, casas de turismo rural, actividades deportivas nos ríos Verdugo e Oitavén e as actividades recreativas que o municipio ofrece para os nenos, entre outras. En canto as previsión de cara ao vintecinco aniversario da Festa da Ostra, prevista para os día 2 e 3 de abril, o alcalde recoñece que o número de visitantes do ano pasado en torno aos 30.000 é dificilmente superable.

Agustín Reguera alcalde de Soutomaior
A ostra é o buque insignia de Soutomaior

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará