A Audiencia Nacional citou aos afectados pola ampliación da autoestrada para que expliquen o estudo no que sustentan que a obra debe ser sometida a estudo de impacto ambiental por parte do Ministerio.
En Vigo ou en Madrid, a asociación de afectados pola ampliación da AP-9 deberán explicar ante o xulgado o seu estudo técnico no que recollen os motivos polos que ao seu entender é preceptivo que o Ministerio de Medio Ambiente someta a estudo de impacto ambiental a ampliación da AP-9. Este é un paso máis no proceso xudicial aberto pola asociación logo de interpor un contencioso administrativo ante a Audiencia nacional. O secretario da asociación, Roberto Villar, explica que o estudo feito por técnico para o colectivo desmonta “os argumentos de Audasa” facendo fincapé en que é imprescindible someter a obra prevista por Fomento a Estudo de impacto ambiental por tratarse dunha actuación en zona LIC (Lugar de Interese Comunitario) Os afectados piden agora celeridade á xustiza, xa que temen que si a sentencia se atrasa e as obra comezan non haxa marcha atrás. Lembran casos como o do porto deportivo de Marín, onde a sentencia obrigaba a facer estudo de impacto ambiental, pero cando se ditou a obra xa estaba feita. Por outra banda, o colectivo está a preparar un calendario de mobilización de cara á ás semanas anteriores ás eleccións de maio.