Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento contempla a construcción de beirarrúas no estudo de mellora da N-555

RR_Noticias

O Concelleiro de tráfico, Eduardo Reguera, asegura que existe un compromiso do Ministerio que pasa pola construcción de beirarrúas na estrada que comunica Redondela co aeroporto de Peinador para garantir a seguridade dos peóns. Unha medida que estaría incluída no estudo de mellora do trazado da vía.
 

O edil de tráfico asegurou onte que “o Concello xa fixo hai tempo as xestións necesarias co Ministerio de Fomento para que se solucione o problema de seguridade viaria na estrada N-555”. Con estas palabras quere contestar ás críticas emitidas dende o PP días atrás nas que acusaban ao goberno local de non adoptar ningún tipo de medida de cara a garantir a seguridade viarias nesta estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador.
Reguera asegurou ser consciente da alta perigosidade desta estrada polo que xa se lle trasladou ao Ministerio a necesidade de construír  beirarrúas  que garantan a seguridade dos peóns que circulan por ela a diario e que dende Fomento “contestaron que a construción das beirarrúas está incluída no estudo de mellora do trazado da estrada” que están a elaborar técnicos de Fomento.
Engade o edil que o Concello fixo todo o que podía facer nese sentido e que agora depende de Fomento que solucionen o problema xa que as estradas nacionais non son de competencia municipal. De feito, a segura Reguera que “si dependera do goberno local, o problema de seguridade viaria na estrada N-555 estaría solucionado dende hai  tempo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará