Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras rexeitan volver faenar pasados os 65 anos

RR_Noticias

Mariscadoras e memros da Confraría desprázanse novamente esta tarde a Santiago para demandar que a Xunta restitúa a axuda de 557 euros que recibían as mulleres en idade de xubilación que non tiñan cotizado un mínimo de 15 anos e que foi retirada pola Consellería do Mar.

O anuncio da Xunta de que se renovará o permiso de explotación -pérmex- a aquelas traballadoras maiores de 65 anos que carezan de pensión de xubilación foi acollido con reticencias por parte das mariscadoras afectadas en Redondela. Entenden que volver ao mar superada a idade de xubilación non é a solución máis axeitada por tratarse dun traballo de especial dureza, pero tamén puntualizan que sería un mal menor para as que non contan con ningún tipo de axuda económica. Así o explicaba a mariscadora Emilia Fernández, quen insiste en que con preto de 70 anos e logo de catro sen ir ao mar volver ao traballo ía ser moi duro. Entende que a medida so é axeitada para aquelas que cumpran agora os 65. A reivindicación de Emilia Fernández e do resto das 12 mariscadoras afectadas en Redondela é clara: que se restitúa a paga de 557 euros que lles foi retirada nos últimos meses pola Xunta. Mariscadoras e membros da confraría acudirán novamente esta tarde a Santiago para facer oír as súas demandas.

Emilia Fernández mariscadora
Entende que volver ao traballo sería un mal menor
Recuperar a paga
A demanda das mariscadoras é que se restitúa a paga que lles retirou a Consellería

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará