Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para bebés na Casa da Cultura

RR_Noticias

O programa Axóuxeres da Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a pais e nais con fillos de entre 0 e 3 anos a participar nos obradoiros que se van desenvolver na tarde do venres e na mañá do sábado na Casa da Cultura. Para se inscribir deben chamar ao teléfono 630230338.

Unha actividade que busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés empregando para iso o xogo, a música e a experiencia sensorial. Así os asistentes poderán coñecer cantigas de rolo e outras formas de interacción cos cativos que logo poderán trasladar ao seu fogar. Os obradoiros están abertos a ambos os dous proxenitores, aínda que seguen a ser máis as nais que acoden, sendo a implicación dos homes algo menor, con todo cada vez son máis os pais que se animan a acompañar ás súas parellas á actividade. As persoas interesadas en participar nos obradoiros, previstos para o venres ás cinco e as sete da tarde e o sábado ás 12:00 horas pódense inscribir no número de teléfono 630230338.

Concha Diéguez directora Reverso
Achegar actividades lúdicas aos pais e nais
Abertos a pais e nais
Son sobre todo mulleres as que se achegan aos abradoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará