Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tomates e cabaciñas asaltan as terrazas

RR_Noticias

A horticultura urbana convértese nunha alternativa para os que carecen dunha leira, así o explicará esta tarde na Casa da torre Ramón Paz, membro da Asociación galega de Horticultura Urbana quen se achegará a Redondela para impartir unha charla ás 20:00 horas convidado pola Asociación de consumo responsable Loaira.  

Cultivar as propias hortalizas e verduras é por diferentes motivos un obxectivo que perseguen moitas persoas que carecen dun cacho de leira onde sementar os seus produtos. Hai quen o fai como afección, quen desexa retomar o contacto coa terra e coa actividade agrícola e quen o plantexa como un piar básico dentro da súa filosofía de vida para recuperar parte da súa soberanía alimentaria. Nace así outro xeito de “minifundio” asentado en terrazas e balcóns. As plantas ornamentais ceden o seu espazo nos testos a todo tipo de hortalizas e verduras. Ramón Paz explica que para converterse nun horticultor urbano o ideal sería contar cunha pequena terraza, preferiblemente orientada ao sur para poder así aproveitar as maiores horas de sol posibles. Estímase que con cinco ou seis horas de sol poderíanse cultivar todo tipo de verduras e hortalizas: leitugas, tomates, pementos ou cabaciñas… De feito, son menos os produtos que quedarían fora do alcance deste tipo de agricultura, tan so aqueles que precisan de moito espazo para a súa producción como o millo ou as patacas. Os coñecementos necesarios para se converter nun experto agricultor urbano son poucos e vanse adquirindo en gran medida coa práctica. Con todo, a resistencia das plantas que se adoita cultivar é tal que os coidados son mínimos: empregar substrato orgánicos e non esquecerse de dar de beber á planta. Quen queira saber máis a cita é esta tarde ás 20:00 horas na Casa da torre. Ademais da exposición teórica farase unha pequena demostración de métodos sinxelos para cultivar en terrazas e balcóns.

Ramón Paz horticultor urbano
Trasladar as técnicas de cultivo aos entornos urbanos
Cultivos resistentes
Os coidados que precisan os cultivos son mínimos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará