Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación inviste 258.000 euros na mellora de infraestruturas na comarca

RR_Noticias

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos. En Redondea a achega ascende a 101.616 euros, cantidade que se investirá na pavimentación do camiño municipal que vai entre o Colexio de Porto Cabeiro e o cemiterio de Cabeiro.

En Fornelos de Montes acometerase a mellora dos accesos aos núcleos de poboación e do alumeado de Rial, Couñago, Airoa, Cimadevila, Ventín e Fornelos. Nesta actuación o ente provincial investirá 56.409 euros.
En Soutomaior realizaranse obras de saneamento nas parroquias do Cubillón, Arcade e Soutomaior por un importe superior aos 50.400 euros.
Por último, en Pazos de Borbén realizaranse obras de mellora do saneamento en Amoedo e Pazos cunha inversión de 49.661 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará