Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de música folk e hip-hop para celebrar o Marzo Muller

RR_Noticias

Diferentes estilos musicais son os que se poderán escoitar esta tarde a partir das 20:00 hroas no Multiusos da Xunqueira, nun concerto organizado pola Concellería de Igualdade para conmemorar un mes dedicado ás mulleres.

O Multiusos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas un concerto no que actuarán a intérprete de hip-hop Aid, as violinistas Carmen Gallego e Laura Puga e o grupo de música tradicional Anaquiños, formación fundada no 1976 por nais e pais do alumnado do CEIP Igrexa-Chapela que a pesar de comezar como escola de baile, co paso dos anos consolidouse como grupo folclórico, incluíndo escola de música, realizando numerosas actuacións e participando en programas de televisión e intercambios culturais nacionais e internacionais.
Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e que estará presentada e dinamizada pola actriz BIbiana Piñeiro Omil.
Por outra banda, este departamento ten aberto o prazo para se anotar na I xornada de iniciativas de promoción social e desenvolvemento comunitario en vilas intermedias que se vai desenvolver o vindeiro venres 25 de marzo en Redondela.
Unha xornada que servirá para analizar e reflexionar sobre as diferentes iniciativas desenvolvidas na contorna da área Intermunicipal de Vigo en materia de prevención, tales como programas de dependencia, prevención de alcoholismo ou de promoción social como o bando do tempo ou o programa de apoio escolar á infancia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará