Ao final todo quedou nun susto, pero o incendio que se producía a primeira hora da mañá de hoxe nunha vivenda da rúa Picota, puido ter consecuencias fatais de non ser polos ladridos dun can. que espertaron aos inquilinos. O lume foi sufocado polos bombeiros ás 7:40 horas.
O animal foi quen logrou espertar cos seus ladridos ás dúas persoas que se atopaban durmindo no domicilio logo de detectar o fume que procedía dun dos cuartos da vivenda. Segundo información da Policía local, o incendio produciuse nunha das habitación do cuarto andar no número 17 da rúa Picota, posiblemente a consecuencia dun cortocircuito, xa que no lugar no que se iniciou o lume atopábase un ordenador así como outros aparatos eléctricos.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vigo quen lograban sufocar o incendio sobre as 7:40 da mañá.
Roubo
Por outra banda, uns descoñecidos roubaron na madrugada de onte o estanco da rúa Alfonso XII no centro da vila. Os ladróns, quen se levaron toda a mercancía que se atopaban no interior do comercio accederon ao local a través dun portón que se atopa na parte traseira do edificio, na Avenida de A Xunqueira.