Durante as xornadas de hoxe e mañá os 32 universitarios máis brillantes de Galicia participarán na illa redondelá dun curso intensivo onde recibirán formación académica útil para a busca do primeiro emprego.
Un marco de encontro no que os participantes recibirán formación específica para transformar as súas destrezas persoais nas competencias necesarias para a súa andaina profesional e, asemade, unha ocasión para que os empresarios poidan observar as competencias e habilidades dos mellores alumnos das universidades galegas. A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, desprazábase na mañá de hoxe a San Simón para participar tamén dun acto de inauguración do Foro.