Na reunión, que se celebrará o vindeiro sábado na Casa da Cultural, abordaranse asuntos como a retira da axuda dos 557 euros ás mariscadoras e os investimentos de Portos de Galicia ten previsto realizar en Cesantes.
Nese sentido o BNG ven de presentar varias preguntas dirixidas á Xunta solicitando información sobre as partidas reservadas para a construcción da nova lonxa de Cesantes, o proxecto construtivo e os prazos dunha obra valorada en 630.000 euros. As preguntas presentadas polos deputados Bieito Lobeira, Henrique Vieitez e Carme Adán reclaman tamén maior información sobre a totalidade do proxecto que contempla un investimentos en Cesantes de 6 millóns de euros.