Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela cae por baixo dos 30.000 habitantes

RR_Noticias

En toda a área metropolitana de Vigo, Redondela é xunto con Nigrán o único concello que perde poboación segundo os datos provisionais que manexa o Instituto Nacional de Estatística (INE). Redondela pasaría así dos 30.067 habitantes cos que contaba no pasado ano 2010 a 29.989, perdendo un total de 78 residentes en tan so un ano.

Uns datos dificilmente explicables, tendo en conta que practicamente todos os concellos da área de Vigo incrementaron o seu censo, sendo Salceda e Cangas os que mais creceron con 220 e 208 novos veciños respectivamente.
No resto da comarca Soutomaior volve experimentar un notable crecemento cun aumento de 79 veciños respecto a 2010, situándose en 7.223 habitantes.
Pola súa banda, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, que quedaran sen 11 e 10 veciños o pasado ano, si lograrían sumar habitantes no 2011. Así, o INE outórgalle 3.192 residentes ao primeiro -32 máis que no ano 2010- e 1.996 ao segundo, o que supón un incremento da poboación en 30 persoas.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará