Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Menos inauguracións, máis feitos

RR_Noticias

Os redondeláns en xeral parécelles positiva reforma da Lei Electoral que prohibe ós políticos facer inauguracións desde o pasado 29 de marzo. Con todo, a maioría dos veciños opina que os partidos tentarán ter “notoriedade” nos medios de comunicación a través doutros actos públicos. O “desencanto” coa clase política é xeneralizado, e pensan que a intención de voto dos cidadáns depende “do traballo feito nos catro anos de mandato” e non na “propaganda dos últimos días”.

A reforma da Lei Electoral prohibe ós políticos facer inauguracións ou poñer primeiras pedras desde o pasado 29 de marzo. Este cambio, aprobado polos propios partidos, ten por obxectivo limitar os actos de propaganda a través destas visitas ou inauguracións no comezo da precampaña. A norma provocou que en moitos Concellos e Comunidades Autónomas a carreira por cortar fitas se adiantase. De feito entre o 22 e o 28 de marzo multiplicáronse os actos protagonizados por políticos en toda a xeografía. Os veciños de Redondela entenden que a medida, en xeral, é positiva. Veciñas como Bea entenden que o importante é o “traballo que fan en catro anos”, non as inauguracións do último mes. Da mesma opinión é Montse, que pensa que deste xeito os políticos non poderán ter “beneficios electorais”. Dito, outro veciño de Redondela, explica que o único que buscan os políticos con este tipo de actos é “notoriedade”, aínda que está convencido de son “actos sen sentido cos que non enganan a ninguén”. Para a maioría dos cidadáns que falaron con Radio Redondela, este tipo de “propaganda” non inflúe na intención de voto dos electores, que valoran máis “o traballo feito nos catro anos de mandato”, e non nos “actos electoralistas” das últimas semanas. En xeral, o desencanto coa clase política é amplo. Para moitos veciños, como Abel, todos os políticos “son iguais” e só se preocupan “de saír na foto”. Da mesma opinión son Sonia e Bea, que lamentan que non haxa “unha alternativa”. Estas veciñas valora negativamente a todos os partidos, que ó seu entender, “critican unha cousa cando están na oposición e logo cando gobernan fan o mesmo”.

Montse:"unha boa medida"
Esta veciña entende que é positivo limitar os aos de propaganda electoral.
Dito:"buscan notoriedade"
Para este mozo ese tipo de actos de propaganda non teñen moio sentido.
Sonia e Bea: "todos fan o mesmo"
Para esta veciña non hai alternativa política xa que todas as formacións fan o mesmo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará