En Chapela o reparto de puntos entre o Paraxe e o Cinco Jotas relega ao equipo local ao quinto posto en primeira nacional. A SAR di adeus á categoría cunha vitoria na súa visita ao campo do Cafés Toscaf, nun encontro que rematou co resutlado de 26 a 27.
Todo o peixe estaba vendido, pero iso non evitou que os equipos redondeláns ofreceran un honroso partido de fin de tempada. Especialmente digna a despedida da SAR, equipo que pese a estar descendido desprazouse a Avilés para loitar ata o final e levarse un triunfo merecido e traballado ante o Cafés Toscaf. Un partido que rematou cun marcador de 26 goles 27 a favor da Peguform.
En Chapela non puido ser, unha pésima actuación arbitral que desluciu un derbi con emoción ata a última xogada. O partido rematou con reparto de punto entre o Chapela e o Cinco Jotas, cun empate a 28 goles. Xa non había posibilidades de ascenso para o equipo local que finalmente remata a tempada no quinto posto da categoría.