Un mozo de 30 anos de idade e veciño de Soutoxusto, R.B.D. foi detido na madrugada de hoxe por axentes da Policía Local logo de ser sorprendido ao volante do seu vehículo baixo os efectos do alcohol.
Os feitos producíanse á 1:15 da madrugada cando o mozo circulaba a gran velocidade ao volante dun Kia Picanto polo rúa Ernestina Otero no casco urbano da vila, supostamente e segundo declaración da Policía local “perseguindo a un gato”. Os axentes que casualmente pasaban pola zona déronlle o alto e procederon a realizarlle a proba da alcoholemia que deu un resultado de 0’70, polo que se procedeu á súa detención acusado dun delito contra a seguridade viaria.
O detido, que foi trasladado a dependencias da policía en Vigo enfróntase á retirada do seu carné de conducir por un período que podería chegar a un ano e a unha sanción económica de 1.200 euros.