O Pavillón Municipal de Deportes de Redondela acollerá os vindeiros días 21, 22 e 23 de abril o XXX Maratón de Semana Santa de Fútbol Sala, que se disputara nas categorías sénior masculino e feminino. Os equipos interesados en participar débense inscribir antes do martes 19 na cafetería Aifos ou no teléfono 986 40 40 40.
O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende o xoves 21 de abril ata a madrugada do sábado ao domingo, está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala en colaboración coa concellería de Deportes.
Ao finalizar o torneo, no que está prevista a participación de numerosos equipos de toda a provincia, ata un total de 40, entregaranse trofeos aos catro primeiros clasificados.
Os equipos interesados en participar neste maratón poden inscribirse, ata o vindeiro 19 de abril, na cafetería Aifos e, os días de partido, na oficina que o club Redondela Fútbol Sala ten no Pavillón municipal. O importe da inscrición é de 120€ mais 30€ de fianza.
O sorteo dos partidos, no que é obrigatoria a presenza dun representante de cada equipo, celebrarase o día 19 de abril, ás 21.00 horas, na cafetería Aifos. Os interesados poden informarse nos teléfonos 986 404 040 e 617 259 314.