Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

20 nenos participaron do obradoiro Xogando coa Lingua

RR_Noticias

Éxito de participación no programa organizado por Servizos Sociais e impartido pola Asociación Xarume orientado a promover o uso do galego entre os máis cativos e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias.

A asociación Xarume, encargada de impartir as actividades que organiza a concellería de servizos sociais ten por obxectivo entreter aos cativos de entre 4 e 12 anos de idade pero sobre todo fomentar o uso do idioma galego nos seus xogos. Os mais pequenos amosábanse satisfeitos destes días de vacacións e de poder achegarse as manualidades ou a xogos tan diversos como o xogo do paracaídas ou as cariocas e os xogos populares. Ademais de fomentar o uso do idioma outro obxectivo fundamental deste tipo de programas que se desenvolven en períodos non lectivos dos cativos é promover a conciliación da vida familiar e laboral. Pero o que prima principalmente é o divertimento, os xogos, a interacción con outros rapaces que non son necesariamente os amigos e compañeiros de clase e tamén a convivencia entre varias idades e procedencias. A actividade remataba na mañá de hoxe aínda que Xarume ten previsto achegar estes xogos tamén á ludoteca que está a funcionar nas parroquias do municipio

Xogos diversos
Un dos cativos explica cales foron as actividades máis divertidas
Conciliar a vida familiar
Os cativos son conscientes que os seus pais e nais teñen que facer números para ir ao traballo e non desatendelos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará