Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ao Choco faltoulle acerto no campo dos Carrís

RR_Noticias

Os redondeláns fixeron un encontro serio e con intensidade, no que sumaron ata oito cartóns amarelos, pero faltoulles acerto de cara á portería do Barbadás. Os locais si aproveitaron as súas oportunidades, cun gol na primeira parte. Por outra banda o Sporting de Xixón foi o vencedor do Torneo Internacional de Fútbol 7 disputado en Santa Mariña.

Preferente Autonómica Sur
Barbadás 1-0 Choco
Dos equipos locais de fútbol esta pasada fin de semana só se xogou competición oficial na Preferente Autonómica. O Choco, que recibiu ata oito cartóns amarelos, xogou con intensidade, pero non tivo acerto de cara á portería local. A primeira parte foi moi disputada, con dominio do Barbadás, que conseguía adiantarse no marcador no minuto 24 cunha xogada individual de Martín. Os redondeláns tiveron ocasión de igualar o marcador no minuto 44, pero o disparo de Eric bateu no pau. No segundo tempo foron os locais os que tiveron a iniciativa, con varias ocasións para aumentar a súa renda, pero as boas intervencións de Solla impedírono. Nos minutos finais os de Julio Álvarez foron a polo empate, pero as súas únicas ocasións foron balóns longos de Calo, Eric e Richi, e non supuxeron perigo para a portería de Sotelo. O resultado deixa ó Choco na metade da táboa, situación que terá ocasión de mellorar a próxima xornada, xa que recibe en Santa Mariña ó Arenteiro, penúltimo clasificado e xa descendido.
O Sporting de Xixón imponse no Torneo Internacional de Fútbol 7
O campionato, no que participaron equipos de seis países diferentes, rematou con triunfo para os rapaces do Sporting de Xixón. Iso si, tiveron que sufrir para impoñerse por 2-1 ó Amberes, que foi unha das sorpresas do torneo. A final estivo moi igualada e resultou toda unha festa para os pequenos astros do fútbol. Ás portas quedou o Celta de Vigo, gañador das tres edicións anteriores. Os vigueses foron os terceiros clasificados, logo de gañar en cuartos de final ó Deportivo da Coruña por 2-0. Pero nas semifinais quedaron eliminados na tanda de penaltis polos asturianos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará