Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha marcha solidaria e un documental para conmemorar o día da Terra

RR_Noticias

O Centro de Beleza Luisa Darriba organiza esta tarde unha andaina popular que partirá dende o centro de Redondela ata o peirao de Cesantes dentro das actividades que promove a Asociación Aveda e a ONG Global Greengrants Found. Proxectarase a coninuación no Multiusos un documental sobre un ben escaso como é a auga.  

A preocupación pola súa saúde e polas consecuencias que pode provocar o contacto continuado con diferentes produtos químicos que se adoitan empregar nas perruquería, levaron a esta profesional da estética, Luísa Darriba a buscar artigos alternativos que estiveran elaborados con produtos naturais, non nocivos nin cos seus usuarios nin co propio medio ambiente. A evolución foi lóxica: dunha preocupación persoal a unha preocupación global que a levan agora a organizar esta andaina popular que partirá esta tarde ás 20:00 horas dende a Xunqueira para dirixirse ao peirao de Cesantes e regresar ao Multiusos onde se proxectará un documental da fundación global Greengrants Found. Esta ONG traballa con proxecto hidrolóxicos nos lugares máis desfavorecidos do mundo relacionados coa obtención da auga como principal ben de vida e recollen neste pequeno audiovisual as consecuencias do malgasto que se fai da auga e da dependencia do ser humano deste ben escaso. Para concluír haberá un concerto de música popular galega.

Luisa Darriba centro de beleza
A preocupación polo medio naceu dunha preocupación pola propia saúde
Actividades polo día da Terra
Unha marcha unha proxección e un concerto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará