Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello confirma a desaparición do Grumir

RR_Noticias

O goberno local desbota facer fixos aos ex traballadores a pesar de que a sentencia xudicial recoñece o carácter indefinido dos seus postos de traballo. O concelleiro de persoal, Emilio González Iglesias anuncia que se indemnizará aos operarios do servizo ante a imposibilidade de contratalos “por cuestións económicas e legais”.

O Grumir de Redondela desaparecerá definitivamente co pagamento das compensacións aos axentes que denunciaran a súa situación irregular. Así o confirmou o concelleiro de asuntos económicos e responsable de persoal, Emilio González Iglesias quen asegura que non é posible crear un servizo estable de emerxencias no concello atendendo tanto a cuestión legais coma económicas, xa que as arcas municipais terían que aportar uns 300.000 euros anuais para manter o servizo con persoal suficiente como para atender as emerxencias as 24 horas do días e os 7 días da semana. O servizo desaparecerá como tal, manténdose tan só aos tres traballadores que actualmente están contratados. Entende o edil que os denunciantes cometeron unha equivocación ao recorrer aos xulgados xa que “cunha sentencia en firme en ningún caso se vai poder contratar persoal novamente tal e como se viña facendo ata o de agora”. En canto á obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de contar cun servizo de emerxencias, asegura González Iglesias que en Redondela a situación quedaría cuberta asinando un convenio con Bombeiros de Vigo ou ben integrándose nalgún dos parques da Xunta. Unha alternativa que podería contemplarse na futura Area Metropolitana de Vigo.

Emilio González Iglesias edil de persoal
O concello indemnizará aos traballadores e renuncia a súa contratación
Equivocación
O servizo desaparece naqueles concellos onde hai denuncias
Alternativas
Asinar un convenio cos omeiros de Vigo sería o xeito de atender as emerxencias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará