Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Científicos e magos analizan a mente en San Simón

RR_Noticias

No congreso, que se prolongará ata o vindeiro xoves, analízanse os mecanismos de atención do cerebro e as súas posibles aplicación no tratamento de transtornos de aprendizaxe ou procesos de deterioro cognitivo.

San Simón acolle dende onte e ata o xoves 5 de maio o encontro “NeuroMagic 2011: Os Enganos da Mente”, que converterá este arquipélago en sede dun cume internacional de maxia e neurociencia.
Trátase dun encontro sen precedentes en Galicia, non só pola talla dos seus participantes, senón tamén pola súa temática. E é que os máis prestixiosos expertos en neurociencia cognitiva confrontarán as súas investigacións coa experiencia como manipuladores da atención dalgúns dos mellores ilusionistas do mundo.
Este evento enmárcase no convenio subscrito pola Fundación Illa de San Simón e o Barrow Tecnological Institute de Phoenix para realizar accións conxuntas de proxección internacional. Os directores deste instituto, Susana Martínez-Conde e Stephen Macknik coordinan o evento, no que participarán meigos como James Randi ou Max Maven e neurocientíficos tan prestixiosos como Lars Hall, Peter Tse ou Paul CIA.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará