Nesta madrugada producíase unha nova detención dun veciño que conducía baixo os efectos do alcol. Trátase dun home J.A.M.M. de 43 anos de idade natural de Pazos de Borbén e veciño de Redondela quen foi detido nun control conxunto de Policía Local e Nacional.
Os feitos producíronse ás 2:20 horas da madrugada cando os axentes lle daban o alto a un turismo Seat Arosa que circulaba pola Praza de Ribadavia. Ante os síntomas que presentaba o condutor do turismo os axentes procederon a facerlle a proba da alcoholemia, que deu positiva cunha taxa de 0’99 miligramos, polo que se procedeu á inmobilización do vehículo e a detención do condutor, que pasará hoxe a disposición xudicial.