Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización Lingüística programa música, teatro e charlas para conmemorar o día das letras

RR_Noticias

A programación arranca este venres cun relatorio a cargo de Marcos Calveiro baixo o título “Lois Pereiro, naufrago no paraíso”. O sábado haberá teatro a cargo da agrupación viguesa Máscara Producións e xa o xoves celebrarase un concerto a cargo de Manu Clavijo.

As citas  máis inmediatas son esta mesma fin de semana. O venres, 13 de maio ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Redondela, o escritor Marcos Calveiro achegaranos á figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011: o poeta monfortino Lois Pereiro. Marcos Calveiro, recoñecido escritor de literatura infantil, xuvenil e de adultos, e destacado comunicador e relator, publicou no 2011 a obra Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais, 2011), unha particular visión a xeito de guión cinematográfico da biografía e da obra do poeta monfortino: a infancia e adolescencia nese universo do seu Monforte natal; os anos da revista Loia en Madrid; as viaxes europeas na procura de descubertas; os últimos días na Coruña, intentando sobrevivir; a familia, os amigos, a paixón e a escrita, que debulla nun emocionante relato feito con agarimo e admiración. O teatro tamén ten o seu oco nesta programamción coa compañía teatral Máscara Produción, quen o sábado ás 20:00 horas no Multiusos presentará a comedia Por diante… e por detrás. A obra é recomendada para público maior de 13 anos. Poderanse facer reservas de entradas (a un prezo de 3€) no teléfono 986 402865. A programación rematará o xoves 19 cun concerto homenaxe a cargo de Manu Clavijo presentado por Xurxo Souto e Lino Braxe.

Eva García Rei técnica Normalización
Actividades na fin de semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará