Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Radio Municipal organiza un debate electoral cos candidatos á alcaldía de Redondela

RR_Noticias

Está confirmada a asistencia das sete formacións que se presentan a estes comicios electorais. O debate celebrarase o sábado 14 ás 12:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Poderase seguir en directo a través do 94.9 de FM e da páxina web www.radioredondela.com.
 

Os candidatos á alcaldía de Redondela confrontarán as súas propostas electorais nun debate organizado por Radio Redondela e que se celebrará este sábado día 14 ás 12:00 horas no multiusos da Xunqueira.
No acto participarán representantes das sete agrupacións políticas que se presentan este ano ás eleccións municipais: PP, PSOE, BNG, PGD, EU, FPG e AER.
Confirmaron a súa asistencia Javier Bas polo Partido Popular, Eduardo Reguera polo Partido Socialista, Cecilia Pérez Orge do Bloque Nacionalista Galego, Alejandro Bastos do Partido Galeguista Demócrata, Oscar Benavides de Esquerda Unida, Alberto Covelo da Fronte Popular Galega e Manuel Angel Pérez Diaño en representación da Agrupación de Electores de Redondela.
O debate retransmitirase en directo pola emisora municipal (94.9) e está aberto a todo o público que queira participar. Poderase seguir tamén a través da páxina web www.radioredondela.com. Moderará o debate a directora da Radio Municipal, Susi Queimaliños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará