O novo canal de televisión local que dirixen Fernando Carreira “Cuchi” e José Angel Alén Amil arrancaba oficialmente na xornada de onte con vídeos de carácter político. Os seus contidos pódense consultar de xeito gratuíto no enderezo www.redondelatv.com
Aproveitando o tirón dos comicios electorais e desta intensa campaña na vila, comeza a emitir a páxina web redondelatv. Os seus contidos nestes primeiros días de emisión son precisamente referencias a actos electorais: vídeos do debate organizado pola radio municipal e preguntas directas aos candidatos onde se lles plantexa cuestións como os posibles pactos electorais logo do 22M ou as súas espectativas de cara a estes comicios. Con todo, o obxectivo é incluír no futuro máis inmediato vídeos sobre actos culturais, plenos ou calquera outra actividade que marque a actualidade en Redondela. A iniciativa parte de Fernando Carreira “Cuchi” e José Angel Alén, ambos os dous procedentes de diferentes ámbitos do sector audiovisual que entende que o futuro está na rede. Ademais de contidos informativos a publicidade será tamén un piar básico deste proxecto, xa que o seu financiamento e, polo tanto, o seu futuro dependerá en gran medida da participación de empresas e locais que decidan promoverse de forma audiovisual nesta televisión.