Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera revalidada a súa maioría absoluta en Soutomaior

RR_Noticias

O grupo popular consegue nove concelleiros en Soutomaior, mentres que o BNG queda con tres representantes e o PSOE un único concelleiros. Os populares continuarán tamén fronte ao goberno de Pazos de Borbén, mentres que o PSOE  logra manter a alcaldía en Fornelos.
 

O candidato do PP en Soutomaior, Agustín Reguera, revalidou onte a súa maioría absoluta acadando un concelleiro máis e sumando nove edís o que supón un éxito indiscutible para un partido que leva xa dezaseis anos de maioría. O BNG logrou tres concelleiros mentres que o PSOE contará tan só con un concelleiro nesta corporación.
Tamén a vitoria do PP foi indiscutible en Pazos de Borbén. O actual alcalde, Andrés Iglesias seguirá catro anos máis ao fronte do PP renovando as súas seis actas de concelleiros mentres que os independente de Centristas de Pazos que lidera Manuel Conde perden un edil e quedan con tres. O BNG logra máis apoios e a lista de lidera Luciano Otero acada dous concelleiros, un máis que hai catro anos.
Finalmente, en Fornelos o PSOE mantén a alcaldía con Emiliano Lage, que logra cinco concelleiros -tres menos que nos últimos comicios- mentres que o PP acada un maior apoio social e pasa de un a tres concelleiros. O BNG queda don tan só un representante na corporación, Pedro Pérez Caride.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará